A Deputación da Coruña aposta pola mellora da eficiencia enerxética nos concellos

A  deputada de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente, Rosa Ana García, visitou as instalacións do Green Coworking, localizado na nave da asociación SEARA no polígono Industrial de Penapurreira das Pontes, e da Unidade de Xestión Enerxética (UXE) da Deputación.

Durante a a visita, a deputada interesouse pola actividade desenvolvida en ambas entidades e subliñou a aposta da Deputación pola mellora da efiencia enerxética nos concellos e polo desenvolvemento do potencial que Galicia ten na produción de enerxías renovables respectuosas co territorio.

O Green Coworking das Pontes, centro integrado da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo, está especializado nas enerxías renovables e o hidróxeno. 

Actualmente atópase funcionando a pleno rendemento, con todos os módulos de traballo ocupados por empresas do sector, tales como EOELEC SL, Gabinete de Recursos Preventivos para la Construcción SL (GREPCON SL), Metalúrgica BB SL, Invenergy Services Huso SL, Academia de Enseñanza Newton Villalba SLU, Protección Laboral Vilalba SL (PROLAVI SL), FORMA-T SL, Ártabro Design, Matelia López Soto SLU e Hormigones Bergantiños SL (HORBESA SL).

Tras coñecer as instalacións e as empresas que alí están a desenvolver os seus proxectos, Rosa Ana García felicitounos pola súa labor e destacou que o GreenCoworking “é un espazo fundamental para a comarca do Eume, onde se promove a aparición de novas iniciativas relacionadas coas enerxías verdes”.

Rosa Ana García reuniuse co persoal da Unidade de Xestión Enerxética, encargado de xestionar e coordinar actividades relacionadas coa transición enerxética (enerxía renovable, pobreza enerxética, PACES, mobilidade, edificación/rehabilitación) na provincia da Coruña.

Este departamento da Deputación da Coruña conta con persoal especializado en enerxías renovables e eficiencia enerxética, capaz de prestar asesoramento, formación e servizos aos concellos da provincia en materia de eficiencia enerxética..

Na reunión levada a cabo, a deputada tivo ocasión de coñecer os avances do proxecto conxunto entre a entidade provincial e o Concello de Ames que permitira poñer en funcionamento unha OTC que sentará as bases dun modelo replicable en diferentes partes do territorio para a posta en marcha de comunidades enerxéticas.

Lea también

Cedeira reparte no municipio o XXVIII boletín As7Parroquias

O Concello de Cedeira reparte estes días polo municipio un novo número do boletín As7Parroquias, …