Os consorcios provinciais contraincendios propoñen a equiparación salarial en toda Galicia

Fot. Archivo

Os consorcios provinciais contraincendios e salvamento mantiveron esta semana  unha reunión na que se lles presentou aos sindicatos dos bombeiros comarcais unha nova proposta coa intención de chegar a un acordo e que se desconvoque a folga dos últimos meses.

No encontro, ao que asistiron representantes da Xunta, das catro deputacións provinciais e dos sindicatos, os consorcios trasladáronlle unha oferta que supón unha mellora considerable das súas condicións coa equiparación salarial nas catro provinciais e un incremento do salario en arredor do 10%. Ademais, contempla unha redución da xornada a 1.642 horas anuais, o aumento de efectivos nos 24 parques comarcais da comunidade e a concesión de dúas xornadas de 24 horas para asuntos particulares que equivalen a seis días de asuntos propios.

Os representantes sindicais comprometéronse a estudar a proposta e ambas partes acordaron manter esta vía de diálogo con novas reunións en próximas datas coa finalidade de pechar un acordo.

Lea también

El precio medio del alquiler en Galicia sube un 3% en un año, superando los 790 euros en agosto

En Galicia el precio de la vivienda en alquiler cae un -4% en su variación …