VIII edición en Ares do Campus Chiquibásquet de Nadal

A concelleira Alma Barrón, e Chiqui Barros, entrenador de baloncesto e promotor da iniciativa, presentaron no consistorio do municipio de Ares o VIII Campus Chiquibásquet de Nadal: tres xornadas de adestramentos para rapaces que desexen pasar estas datas xogando e iniciándose na práctica do baloncesto.

Así, o pavillón polideportivo aresán acollerá os días 27, 28 e 29 de decembro a celebración deste campus que xa está consolidado dentro da programación tanto estival coma de Nadal de Ares.

En horario de 10:00 a 13:00 horas, e cuns 20 participantes, buscarase a mellora deportiva e persoal da mocidade, conxugando técnicas e tácticas individuais cunha aprendizaxe lúdica. Mantén, así, as metodoloxías educativas do campus de verán, con grupos reducidos en función do seu nivel técnico e táctico.

Como novidade este ano, creouse un grupo dirixido a rapaces de 18 a 21 anos, en resposta ás solicitudes de participantes en edicións anteriores.

O proceso de inscrición estará aberto ata o 25 de decembro, debendo reservar na páxina web do evento https://chiquibasquet.wordpress.com

A participación ten un prezo de 50 euros e, segundo a organización do Campus, fican 10 prazas libres das 20 habilitadas.

Lea también

Manuel Permuy obtiene muy buenos resultados en el AJP World Tour

  El pasado fin de semana se celebraron en la ciudad de Estambul (Turquía) dos …