Café solidario de la A.VV. Virxe de Fátima – Freixeiro

Este venres, día 8, ás 18 horas no local da Asociación de Veciños Virxe de Fátima de Freixeiro, en Narón,  terá lugar un café solidario a favor de Cáritas Parroquial de Piñeiros.

Haberá unha presentación da actividade que fai Cáritas así como unha actuación musical a cargo do Grupo de Acordeóns do Padroado da Cultura do Concello de Narón. Recolleranse donativos e realizaranse varios sorteos para recadar fondos. Mais información no teléfono: 698166544

Lea también

Narón convida ao comercio local a atender en galego co reto “En que podo axudarche?»

A iniciativa, que forma parte do programa “Narón gaña co galego”, ofrece aos negocios participantes …