A Asociación de Amas de Casa de Neda inaugura o seu tradicional “Rastrillo Solidario”

A Asociación de Amas de Casa de Neda inaugurará este venres, 8 de decembro, o seu tradicional Rastrillo Solidario» na Casa das palmeiras. Alí, veciños e veciñas poderán adquirir plantas de Flor de Pascua e tamén unha morea de obxectos artesanais realizados polas socias. A recadación íntegra das vendas irá destinada a familias con escasos recursos do municipio.

O “rastrillo”, no que colabora o Concello, abrirá as súas portas do venres 8 ao domingo 10 de decembro, en horario de mañá (de 11 a 14 horas) e de tarde (de 17 a 20 horas). Unha excelente oportunidade para adiantar as compras de Nadal e poñer un gran de area nunha boa causa.

Lea también

Publicadas las bases para los puestos de restauración del Festival de Ortigueira

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica las bases que regulan los puestos …