A Diputación da Coruña inicia as obras de mellora na DP-6901 en Pontedeume

 
O Concello de Pontedeume e a Deputación da Coruña dan comezo este luns 4 de decembro ós traballos de pavimentación e mellora da estrada provincial DP-6901
 
Ademais da pavimentación, executarase unha nova fase de ampliación de dito vial, no inicio da estrada provincial, nun tramo de en torno a 100 metros de lonxitude, incluíndo o formigonado de cuneta transitable.  Estas novas obras na estrada están financiadas pola institución provincial. O seu obxectivo é tanto mellorar a circulación dos vehículos como as condicións para as persoas que deciden ir a pé.
 
O concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas de Pontedeume, Daniel Ríos, sinala que esta actuación é “unha proba máis do compromiso da Deputación da Coruña co noso Concello”.
 

Lea también

Evacuado en helicóptero un hombre que fue rescatado inconsciente del agua en Ortigueira

Un hombre ha sido evacuado este martes en helicóptero medicalizado después de ser rescatado del …