FeC insta implementar o contenedor marrón en todo Ferrol

Na comisión de urbanismo, Ferrol en Común preguntou pola «publicación na páxina de transparencia do Concello de Ferrol, noapartado de contratos menores, por un contrato de realización de acción de divulgación para a posta en marcha dunha acción piloto, para desenvolver a implantación da recollida selectiva de materia orgánica en Canido, adxudicado a Abertal Networks, SL por 17871,60€»

FeC a través dun comunicado expresa que «sorprende que tendo Urbaser a obriga de facer estas labores de difusión a través do contrato vencido, pero que se aplica na práctica, se recorra a unha empresa externa para esta tarefa, xustificándose na urxencia da acción, co fin de non perder unha subvención ao abeiro de Sogama»

«Cabe lembrar que esta recollida de materia orgánica é unha obriga legal, derivada da Directiva 2018/851 da Unión Europea, que debe ser cumprida antes do 31 de decembro deste mesmo ano, e o seu incumprimento pode dar lugar á perda de subvencións e sancións directas»

«O contrato menor asinado polo Partido Popular, nun único barrio e con menos de 20 contedores, parece máis un remedo que unha aposta real pola reciclaxe e o respecto ao medio ambiente», polo que dende Ferrol en Común «instamos á implantación inmediata en toda a cidade, polos beneficios económicos e medioambientais que produce, diminuíndo o gas invernadoiro, xerando abono de calidade e reducindo a cota de residuos non  reciclables»

«Cremos que non so por unha obriga legal, se non tamén por estas razóns esgrimidas o goberno debe estender a instalación dos contedores de materia orgánica a toda a cidade, tanto na zona urbana como na zona rural»

Así mesmo, dende Ferrol en Común «instamos á Xunta de Galicia a que dote dunha partida extraordinaria aos concellos cos que asumir os custos derivados do cumprimento desta directiva, xa que o peso económico desta implantación do contedor marrón é imposible de asumir polas entidades locais, xa asfixiadas economicamente cos incrementos dos gastos enerxéticos que impiden desenvolver políticas máis amplas no eido do social ou do emprego»

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …