A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou da apertura do prazo de inscrición nesta proposta.
A Biblioteca municipal acolle o sábado 28 un espectáculo infantil de contos e cantigas pola igualdade de xénero. Nesta ocasión o protagonista será Caxoto Contacontos, que ás 11:00 horas trae a Narón o espectáculo Moito que contar, dirixido a menores a partir de 4 anos, tal e como informou a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro.
As nenas e nenos que queiran asistir deben ter o carné da Rede de Bibliotecas e poden reservar praza dende esta tarde, ás 16:00 horas, de xeito presencial na Biblioteca ou chamado ao 981 382 173. No espectáculo Caxoto recupera a súa personaxe histórica do barredor e ofrecerá aos menores preto dunha hora de historias rocambolescas, contos divertidos e cantigas corais interpretadas e gravadas en directo.
A actividade enmárcase na programación da biblioteca con motivo do 25N, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, centrándose en transmitir unha mensaxe para imaxinar e construír un mundo no que a igualdade sexa un obxectivo fundamental.
Despois de máis de dúas décadas contando historias dende unha perspectiva de xénero, Caxoto dispón dun repertorio de contos, dinámicas, cantigas e xogos que falan dun mundo no que homes e mulleres teñan os mesmos dereitos e oportunidades.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.

