As Pontes presenta su programación de Nadal

O Concello das Pontes presentou, este martes, a programación de Nadal, unha proposta que inclúe unha vintena de actividades coas que o goberno local busca, en palabras da responsable de Cultura, Lorena Tenreirodinamizar o pobo non só desde o punto de vista cultural senón tamén social e económico, con actividades dirixidas a todos os públicos, con maxia, música, contacontos, pasacalles sen esquecer as propostas de lecer para a rapazada e a tradicional cabalgata de reis”.

A programación de Nadal no Concello das Pontes arrancará o venres, 1 de decembro, ás 20:30 horas, no Parque Municipal, co acendido da iluminación de Nadal. Un evento que estará amenizado polo Rockservatorio, a proposta musical dos profesores de precusión e guitarra do Conservatorio de Música Profesional das Pontes e na que o alumnado se achega ás diferentes posibilidades musicais dos seus instrumentos, e a actuación do Mago Noel.

As actividades continuarán o sábado, 2 de decembro, coa segunda edición do festival de ilusionismo, «As Pontes ten Maxia», unha proposta que achegará, ata diferentes escenarios da vila, unha selección dalgúns dos mellores e máis premiados números de maxia do momento. A partir das 11:00 horas, Joshua Kenneth dirixirá un obradoiro de maxia, dunha hora de duración, para rapaces e rapazas de entre 8 e 16 anos, e a continuación realizará unha actuación para bebés, ás 13:00 horas no salón de actos da Casa Dopeso.

Xa pola tarde, ás 18:00 horas, será a quenda para a Gala de Maxia Infantil Familiar, a cargo do Mago Linaje, no Auditorio Municipal Cine Alovi e, o domingo, 3 de decembro, a partir das 18:00 horas celebrarase a Gran Gala Internacional de Maxia no Auditorio Municipal Cine Alovi na que participarán Jordi Caps, Joshua Kenneth, Arkadio, Enric Magoo e Solange Kardinaly.

A seguinte fin de semana, Juanjo de la Iglesia, Juan Anillo e o grupo local On Fire, achegaranse ata o Auditorio Municipal Cine Alovi para presentar Medium Tontum, un espectáculo de maxia, humor e música en vivo. Será o sábado, 9 de decembro, ás 20:00 horas.

O xoves, 14 de decembro, ás 18:00 horas, na Casa Dopeso será a quenda para Tarabelos, títeres e contacontos coa súa obra Un nadal cheo de contos, unha actividade englobada dentro da programación dos Xoves na Biblio.

O venres, 15 de decembro, ás 20:00 horas, o mesmo escenario, a collerá o Festival de Nadal da Rondalla Vila das Pontes. A programación continuará o sábado, 16 de decembro, no Auditorio Municipal Cine Alovi, ás 18:00 co espectáculo Los viajes de Bowa, da compañía La Gata Japonesa, unha proposta, dirixida ao público familiar, na que se mistura a maxia, co circo, as acrobacias aéreas e o humor e o luns, 18 de decembro será a queda para o Conservatorio de Música Profesional das Pontes, co seu concerto Peque Nadal.

O día 20 de decembro, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal acollerá a obra Alma de Tigre da compañía Elefante Elegante, a historia dunha familia encerrada nunha casa destartalada a través de cuxas gretas se filtran os segredos do pasado e dunha herdanza envelenada, na que os personaxes se rebelan contra un mundo do que xa non poden escapar.

A programación de Nadal continuará o xoves, 21 de decembro, ás 19:00 horas, na Casa Dopeso, co concerto de Clarisax Band e o alumnado do Conservatorio de Música Profesional das Pontes. O día 22, ás 18:00 horas, na Casa Dopeso, Picariños presentará o seu Festival de Nadal e o para o día 23 de decembro, o departamento de Cultura do Concello das Pontes programou a espectáculo Invisibles de Voilá Producciones, a historia de Mía e a súa amiga invisible. Será no Auditorio Municipal Cine Alovi, ás 18:00 horas.

Por outra banda, a partir do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro, o patio do Colexio Santa María acollerá a proposta Tempo de Nadal, dirixida a nenas e nenos, de entre 3 e 14 anos, a través da que poderán gozar de diferentes obradoiros e actividades.

Así mesmo, os días 24 e 31 de decembro as charangas Os Celtas e a Charanga da Carmiña, animarán ás rúas da vila. Así mesmo, o día 27 de decembro, achegarase ata As Pontes o pasacalle Animacreques da compañía Catro Pés e o 3 de xaneiro será a quenda para Projeto Ez coa súa proposta de animación de rúa A Caravana.

O día 28 de decembro, O apalpador e a nena sen medo, un contacontos de nadal que chegará á Casa Dopeso, ás 18:00 horas, da man da Xanela do Maxín ao abeiro da programación dos Xoves na Biblio. O día 29 de decembro (Auditorio Municipal Cine Alovi, 20:30 horas) será a queda para o concerto de Black, a banda galega que nos achegará á música soul, a esa música de voces negras que alimentan a alma e a sensibilidade e que, a día de hoxe, só podemos oír, na súa maioría, en vellas gravacións. Xa o sábado, 30 de decembro, a partir das 12:00 horas, o público poderá gozar o Concerto de Nadal da Banda Cultura e Recreativa Vila das Pontes.

As propostas culturais continuarán o día 4 de xaneiro co espectáculo de maxia, Rock&Magic do Mago Teto, no Auditorio Municipal Cine Alovi, a partir das 18:00 horas. Un espectáculo de música e ilusións. A programación de Nadal terá o seu broche de ouro o día 5 de xaneiro coa tradicional Cabalgata de Reis Magos, que sairá ás 18:00 da Rúa Monte Caxado para facer o seu percorrido habitual e rematar coa recepción real.

Toda esta programación complétase coa programación cinematográfica para o mes de decembro entre a que destacan, entre outros, títulos como Wonka, La navidad en su manos e Los Juegos del Hambre.

Lea también

La Policía Local de Ares intervino en dos incidencias en la noche del sábado

  En la noche del sábado los efectivos de la Policía Local de Ares han …