Ferrol «di NON á violencia machista»

Foto de izquierda a derecha: J. Suárez (FeC), P. Pieltain (PP), JM. Rey Varela (Alcalde-PP), E. Miramontes (PP), J. Reina (PSOE), E. Martínez (PSOE).

Unha representación do Goberno local de Ferrol, e dos grupos políticos que forman a corporación municipal, secundaron ás 11:45 horas desde martes día 28 un minuto de silencio polas últimas vítimas de violencia de xénero.

Trátase dunha muller de 25 anos e a súa filla menor de idade asasinadas, presuntamente, pola súa ex parella e pai respectivamente en Madrid, e doutra muller, de 37 anos, asasinada presuntamente pola súa parella, tamén en Madrid. O número de mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de 2023 ascende a 54, e a 1.238 desde o 2003, cando se iniciou a recollida destes datos.

Todas aquelas vítimas de violencia de xénero poder recibir axuda a través do teléfono 016, mediante consultas en liña a través do enderezo electrónico 016-online@igualdad.gob.es; do canal do WhatsApp no número 600 000 016 e do chat en liña, accesible desde a páxina web www.violenciagenero.igualdad.gob.es/.

Lea también

El TSXG declara improcedente el despido disciplinario de un trabajador que abandonó su puesto de trabajo en el astillero sin avisar

Subraya que la conducta del demandante no supuso un riesgo para la plantilla ni causó …