Cedeira completa a integración da Policía Local no sistema VIOGÉN de prevención da violencia de xénero

A Xunta de Goberno do Concello de Cedeira acaba de aprobar o convenio que completa a integración da Policía Local no sistema Viogén de protección ás mulleres vítimas de violencia de xénero. No pasado mes de marzo o alcalde Pablo Diego Moreda Gil asinara xa coa Delegación do Goberno o protocolo de adhesión ao sistema, paso previo necesario para establecer agora o convenio que fará efectiva a súa implantación.

O sistema Viogén creado polo Ministerio de Interior permite, a través dunha aplicación informática, integrar toda a información policial, xudicial ou penitenciaria de interese, aportada por todas as institucións e forzas de seguridade que teñen competencias en materia de violencia de xénero.

A integración dos corpos policiais municipais permite que estes axentes fagan o seguemento de situacións consideradas de risco baixo, mentres que a Garda Civil se encarga dos casos activos clasificados como de maior perigo. O cruce de información, a través da aplicación á que agora vai ter acceso a Policía Local de Cedeira, considérase esencial para garantir unha actuación máis eficaz na prevención de novos casos de violencia de xénero.

É de especial interese a colaboración da Policía Local na rede de prevención de novos casos de violencia de Xénero porque é o corpo de seguridad máis próximo á cidadanía e que mellor coñece á veciñanza. O convenio que vai establecer o Concello de Cedeira co Ministerio do Interior establece o marco para a habilitación dos axentes municipais como usuarios da aplicación

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …