A concelleira de Festas, Mar Gómez, e o presidente da Asociación de Veciños de Piñeiros, José Francisco Pita, xunto con José Luis Teijeiro, tesoureiro da entidade veciñal, presentaron no Concello de Narón o tradicional acto de acendido do alumeado de Nadal, que terá lugar o este venres día 1 de decembro, ás 19.30 horas nos xardíns da Residencia San José, na parroquia de Piñeiros.
Un ano máis, a alcaldesa, Marián Ferreiro, xunto con outros representantes do Concello de Narón, coa alcaldesa, da citada entidade veciñal e da citada residencia encargaranse de prender o acendido navideño da zona urbana e rural.
Tralo acendido, a entidade veciñal de Piñeiros ofrecerá a todas as persoas que acudan ao acto deste venres castañas asadas.
Unha árbore natural de algo máis de 25 metros de altura ubicada fronte ao citado edificio será a primeira en iluminarse, para a continuación facelo o resto de rúas, prazas, farolas, glorietas e edificios municipais nos que se instalaron os diferentes motivos navideños.
En conxunto, preto de 300 elementos ornamentais, entre arcadas, teitos de luz, motivos en farolas, árbores simulados, cortinas, motivos en 3D, rótulos e un elemento en 3D con interior visitable na Praza da Gándara forman parte da ornamentación navideña deste ano. As cores predominantes serán o branco, frío e cálido, o azul, gros e vermello.
O acendido de Nadal estará en funcionamento dende o 1 de decembro ata o 9 de xaneiro a partir das 18:00 horas e ata as 00:00, se ben se manterá tamén polas noites nas xornadas do 24, 25 e 31 de decembro e os días 1, 5 e 6 de xaneiro, tal e como figura no contrato.
O presidente da AVV Piñeiros agradeceu a colaboración un ano máis do Concello neste acto, que levan facendo na parroquia durante preto de dúas décadas.
Pola súa banda, a edil naronesa destacou tamén o labor da entidade veciñal e, xunto cos seus representantes, animou á cidadanía a acudir ao acto deste venres para desfrutar do inicio da ambientación navideña.