Psoe Ferrol lamenta «que o prendido de Nadal se demore ata o día 5»

O grupo municipal socialista ferrolano lamenta que o prendido de Nadal se demore ata o día 5, «perdendo así a oportunidade de desfrutalo o primeiro fin de semana de decembro, como viña sendo habitual»

Consideran «inaceptable os socialistas e que o Concello de Ferrol prenda o seu alumeado por detrás doutros Concellos da Comarca, coma é o caso de Narón»

A este respecto, puntualizan que «o pasado ano adiantouse ao día 2, venres, garantindo a atracción de visitantes á cidade durante toda esa fin de semana e recordan que os últimos anos Ferrol deu “pasos de xigante” para converterse nun punto de referencia do alumeado de Nadal. Para iso, e como destacou a concelleira do PSdeG-PSOE Ana Lamas, o que fixo o goberno anterior foi incrementar a contía do contrato, a calidade e tamaño dos motivos e o número de barrios incluídos no mesmo»

“Garantir unha boa programación de Nadal é crucial para manter a centralidade da comarca e potenciar o noso tecido comercial e hostaleiro, e iso debería de ser una prioridade para un goberno municipal que tanto lle gusta falar da Marca Ferrol”, indica Lamas, que subliñou que o retraso na data de prendido do alumeado “só pode deberse a un erro de previsión, xa que se deixaron listos os pregos técnicos para que o novo goberno tivera adiantado o traballo”.

O grupo socialista solicita que «se manteñan proxectos do período anterior, coma a decoración da paxareira ou o prendido da zona rural, aínda que non entende o motivo polo que se fan coincidir as datas da festa do rural co prendido da zona urbana»

“A festa do rural é unha fermosa actividade, na que ven Papá Noel, e conta coa implicación da Coordinadora do Rural, polo que facer coincidir os dous eventos pode desmobilizar a moitos cativos e cativas da zona rural que baixen ao centro e que non poidan desfrutar da outra actividade»

«Ninguén entendería que se fixera coincidir as celebracións que se fan noutros barrios co prendido de Nadal», asegura Ana Lamas

Lea también

Correos instala buzones en Ferrol y Narón para enviar cartas a Papá Noel y Reyes Magos

Hasta el día 5 de enero, los niños que lo deseen podrán depositar sus cartas …