A Federación Galega de atletismo informa que a marcha galega terá esta fin de semana novamente no Concello da Pobra o seu Campionato Xunta de Galicia de inverno en pista, ca presenza e participación de moitos dos gañadores galegos da edición do ano pasado.
A ausencia dos irmáns internacionais Antía e Dani Chamosa como baixas importantes, non restará emoción nin calidade a un campionato que contará cas actuacións dalgúns das nosas e nosos mellores marchadores á cabeza dos cales estará o campión mundial e europeo máster, Juan Manuel Morales do Marineda Atlético quen parte como favorito para lograr o título galego absoluto.
Xunto ao coruñés contarase na categoría feminina ca campioa europea de marcha Sub18 por equipos, e unha das nosas grandes promesas, Aldara Meilán da Atlética Lucense quen xa lograba o subcampionato autonómico o ano pasado. Alba Pérez do Atletismo Negreira será outra das atletas que estará na loita polas medallas.
No tocante á categoría máster está confirmada a presenza de varios dos campións galegos da edición pasada entre os cales se atopan, Carlos Morales do Ourense Atletismo na M35, Emilia Rodríguez do Atletismo Sada na W45 así como Soledad Pousa do Ourense Atletismo e Manuel Polo do Atletismo Narón na master-50
A canteira, presente en A Pobra
Nas categorías inferiores estarán de igual modo os campións galegos do ano pasado Noa Abelleira do Lucus Caixa Rural e Nicolás Collazo do Ames Atletismo na Sub18; Alicia Espina e Antón Díaz do Atletismo Narón na Sub14; Thiago Ceide da Atlética Lucense na Sub12 así como as irmáns Alba Morales e Paula Morales do Marineda Atlético na Sub16 e Sub10 respectivamente.
O campionato desenvolverase o domingo 26 no Estadio de Anta a xormada única, dando comezo as 10.30 horas e rematando sobre as 13:30 horas ca entrega de medallas.
Vilagarcía decidirá ós campións galegos de media maratón
A ruta terá este domingo no Concello de Vilagarcía a disputa da trixésima primeira edición do Campionato Xunta de Galicia de Media maratón que congregerá as 10.00 horas nas inmediacións da Avenida da Mariña, a preto de 350 participantes.
Entre a relación de inscritos e inscritas figura a presenza da campioa e campión galego do ano pasado Beatríz Gil do Atletismo Corredoiras e Anxo Castro do Vicky Foods, que intentarán reeditar o título logrado na pasada edición de Pontevedra.
Xunto eles Patricia Varela do Atletismo Arenteiro e Andrea Iglesias do Fisioterapia San Lazaro na categoría feminina así como Jonathan Díaz do ADAS CUPA e Cristian Expósito do A.D. Naútico de Narón serán atletas a ter moi en conta para os postos de podio.
O campión de España de maratón absoluto no 2008, Elias Domínguez será o claro favorito na categoría M50 ao igual que Santiago Falcón do Cambados Seguros Noval na M55, Manuel Suárez do do Veretanos de Samil na M60 e Domingo Álvarez do Egovarros na M70.
Na categoría feminina pola súa banda, destacada presenza da medallista internacional máster Sole Castro do Comesaña quen aspira a reeditar o seu título na W55 ao igual que Natalia García do Running Oleiros na F45
Por equipos, o Atletismo Ribadeo en mulleres e a Sociedad Gimnástica en homes serán a priori os clubs a batir polos algo máis de medio cento de entidades que aspiraran ao título autonómico.
A maiores, o campionato será aproveitado para desenvolver conxuntamente a celebración da Media mararón Concello de Vilagarcía de Arousa 2023