O Concello de As Pontes apoia á plantilla de Einsa Print en la concentración convocada en Santiago

Unha delegación de representantes do Concello das Pontes, encabezada polo alcalde, Valentín González Formoso, apoiou aos traballadores e traballadoras de Einsa Print na concentración convocada polo comité de empresa en Santiago, diante do edificio do Consello Económico e Social de Galicia, coincidido coa reunión que se estaba a celebrar no interior do edificio entre o Comité de Empresa e os propietarios de Einsa Print.

Durante esta concentración, fíxose lectura dun manifesto institucional en apoio ás reivindicacións dostraballadores e  traballadores que durante os últimos días se atopan inmersos na negociación dun expediente de regulación de emprego, presentado pola empresa o pasado 30 de outubro. Nese sentido, Ana Pena, concelleira de Industria apuntou que «o ere plantexado en einsa supon a perda de emprego para moitas familias das pontes e de concellos da contorna, e son traballadores con monitos anos de adicacion a empresa. Dende a corporación queremos trasladar o apoio incondicional o plantel e pedimos a dirección que amose a sua vontade de facilitar a búsqueda de alternativas mais propicias «.

Tendo en conta que o prazo de negociación remata o día 30 e que nestes momentos non hai avances na mesma, para o Concello das Pontes é importante apoiar a solicitude dos traballadores e traballadoras de Einsa Print para paralizar os prazos, de cara a posibilitar un acordo alternativo á actual proposta da empresa» remarcou a concelleira.
Durante o acto de lectura do manifesto, tamén se deu conta da convocatoria da xuntanza solicitada polo comité e os concellos das Pontes e Pontedeume á Consellería de Industria para o próximo luns, ás 13.00 horas, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Unha vez rematada a lectura do manifesto de apoio, no que participaron o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, a concelleira de Industria, Ana Pena, a concelleira de Benestar Social, Tania Pardo así como os voceiros locais do PP e do BNG, os integrantes da corporación pontesa, xunto co alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, dirixíronse ao interior do edificio para facer entrega do documento ao representantes da empresa.

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …