A Deputación da Coruña estuda a ampliación de estradas provinciais en Monfero

A Deputación da Coruña reuniuse co goberno municipal de Monfero para coñecer as necesidades e demandas do municipio en materia de seguridade vial nas estradas de titularidade provincial.

Na reunión de traballo participaron a deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, o portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández, o alcalde de Monfero, Andrés Feal e o concelleiro de Obras, Alberto Cortizas, xunto con técnicos do departamento provincial de estradas.

No encontro, o alcalde de Monfero propuxo a ampliación de dúas estradas provinciais, a DP 5001 de O Carballiño á Curra polo alto de Xestoso e a DP 5002 de A Pila da Leña a Lagares. Ambas as dúas estradas teñen anchos non superiores aos catro metros.

Os representantes da Deputación comprométeronse a someter a estudo a viabilidade técnica e económica de ampliar estes dous viais para que dispoñan dun mínimo de 7 metros de ancho, aínda que debido á gran lonxitude de ambos viais os traballos deberían acometerse por fases. Parte da estrada 5002 discorre ademáis en espazos de Rede Natura, polo que serían necesarias distintas autorizacións para executar as obras.

Tras a reunión na Casa do Concello, os representantes da Deputación e do Concello de Monfero visitaron as estradas para coñecer in situ o seu estado.

Lea también

Neda mantendrá abierto todo el año la solicitud de sus ayudas de natalidad

El Ayuntamiento de Neda recuerda que mantiene abierto durante todo el 2024 el programa de …