A SGHN impartirá en Ferrol unha conferencia sobre a realización de documentais de natureza

A conferencia será impartida por Adrián Vilas, operador de cámara e director de documentais de Historia Natural e Medio Ambiente que traballou para a BBC e National Geographic, na tarde do venres 24 na delegación de Ferrol da SGHN.

Adrián Vilas, dará a coñecer as súas experiencias e as técnicas de realización dos documentais de natureza. Este profesional ten unha licenciatura en Videoxornalismo e unha Mestría en Documentais pola UWE Bristol-BBC, e nos últimos anos estivo involucrado en varios proxectos en todo o mundo, onde tivo ocasión de compartir instantes da vida inesquecibles con algunhas das criaturas máis incribles do planeta, como son os leóns no Parque Nacional de Meru (Kenia), cos bisontes salvaxes no Parque Nacional de Yellowstone, captando imaxes das baleas no mar de Cortés en México, percorrendo a Europa ártica, ou gravando aos lobos ibéricos no noroeste peninsular.

Adrián Vilas traballou para varias emisoras internacionais, incluídas as aclamadas Sección de Historia Natural da BBC e National Geographic. Dende hai anos tamén colabora con organizacións conservacionistas como son a RSPB, Rewilding Europe ou a Born Free Foundation.

A actividade, que entra dentro do ciclo de conferencias “Xuntanzas Naturalistas” baixo o patrocinio da Deputación da Coruña, será impartida ás 19:30 no salón de actos no Museo de Historia Natural en Ferrol. Dende a entidade lembran que aínda que a asistencia é libre, o aforo é limitado a 67 butacas.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …