Ares abre o xoves 23 o prazo de inscrición da cuarta ruta do «SendAres»

A área de Deportes do Concello de Ares vén de anunciar a posta en marcha do proceso administrativo da próxima ruta do seu programa de sendeirismo,  SendAres. Así, este voxes 23 de novembro abrirase a inscrición telemática do cuarto percorrido ao longo da tarde (10:00 horas) e a través da páxina web institucional (www.concellodeares.gal).

Nesta ruta guiada, os sendeiristas camiñarán a través dunha das zonas con máis variedade de vexetación da provincia, as Fragas do Mandeo, percorrendo lugares como Chelo e a Fraga de A Espenuca. Todo o itinerario desenvolverase durante a xornada do domingo, 17 de decembro, cunha distancia de 14 quilómetros e unha dificultade media. O prezo será de 20 euros no que se inclúe servizo de guía, seguros e transporte. O autobús sairá as 08:30 horas e chegará ao núcleo da vila ás 16:30 h. no punto de encontro habitual: a Praza da Igrexa da localidade.

A Concellaría de Deportes asignou 25 prazas para a actividade, que se cubrirán por orde de inscrición ata as 10:00 horas do 4 de decembro ou, de darse o caso, ata o seu esgotamento.

Lea también

Ares celebra a Festa de Santa Catalina cun toque literario

Ledicia Costas (Vigo, 1979) chegará este vindeiro sábado, 23 de novembro, a Ares para presentar …