Degustación da “Tarta de Narón” música e teatro para conmemorar o día da cidade

O Concello celebrará este xoves 23 de novembro, o Día de Narón, festividade local, con varios actos na praza 23 de novembro. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou os actos acompañada pola edil de Festas, Mar Gómez. En horario de mañá e tarde levaranse a cabo propostas culturais e gastronómicas para celebrar esta data, na que se conmemora a existencia da primeira acta oficial conservada deste Concello, dun 23 de novembro do ano 1837.

A programación comezará cunha proposta de teatro infantil, “Rogelio, un pallaso en recuperación”, que se poderá ver entre as 12:00 e as 13:00 horas baixo unha carpa que se instalará na citada praza. A continuación, de 13:00 a 15:00 horas haberá unha degustación de callos, bolos preñados e as primeiras porcións da “Tarta de Narón”, cuxa venda ao público comeza tamén na xornada deste xoves.

Para amenizar a xornada matinal, dende as 13:30 ata as 14:00 horas actuará o Grupo de Gaitas do Padroado da Cultura.

Pola tarde, de 16:30 a 17:30 horas terá lugar unha actuación musical infantil, a cargo de Magín Blanco e a Banda das Apertas e despois, entre as 17:30 e as 20:00 horas retomarase a degustación gastronómica, con callos, bolos preñados e “Tarta de Narón”. Finalmente, o grupo Assia amenizará o fin da festa, cunha actuación musical programada dende as 18:30 ata as 20:30 horas.

“Queremos celebrar un ano máis este día coas veciñas e veciños de Narón, aos que animamos a achegarse o xoves á praza 23 de novembro para desfrutar do, teatro, da música e da degustación gastronómica que terá como colofón a nosa tarta, a Tarta de Narón”, subliñou Ferreiro.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …