Cerdido celebra a Festa do Maior o vindeiro sábado 25

O Concello de Cerdido celebra a Festa do Maior o vindeiro sábado, 25 de novembro, na Área Recreativa O Castro. A xornada está organizada pola Administración local en colaboración coa Asociación Albar Quercus.

As actividades darán comezo ás 17 horas coa representación da obra de teatro “O boleto premiado”; ás 18 horas repartirase chocolate con churros para todas as persoas asistentes e incluiranse unha serie de sorteos. Finalmente, a partir das 19 horas haberá música en vivo a cargo do “Trío Tangos”.

Desde o Concello de Cerdido e a asociación local Albar Quercus queren convidar á veciñanza a formar parte desta xuntanza, para facer desta Festa do Maior “un encontro para recordar sempre”.

Lea también

Un grupo de orcas provocó el hundimiento de una embarcación a tres millas de Estaca de Bares

Dos tripulantes tuvieron que ser rescatados por los equipos de emergencia después de que la …