O Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana tres espectáculos teatrais

A primeira das citas será este mesmo xoves 16, ás 20:30 horas, coa representación da peza de teatro clásico “Constante”, da Compañía Nacional de Uruguai. O chileno Guillermo Calderón e o uruguaio Gabriel Calderón escribiron a peza en base a “El príncipe Constante” de Pedro Calderón de la Barca, reversionando este clásico.

Na xornada do sábado 18 terá lugar ás 20:00 horas a representación de “La isla del aire”, unha obra de teatro contemporáneo autoría de Alejandro Palomas e Mario Gas. Ambientada en Menorca e cunha familia de cinco mulleres como protagonista, guiadas pola matriarca, a historia narrará como se adentran
nunha viaxe en barca á Illa do Aire.

O domingo día 19, ás 18:00 horas poderase ver “Ándale!!! Buen apetito”, unha estrea de Teatro Ghazafelhos dirixida a público familiar e infantil, a partir de 6 anos. A compañía repón a súa exitosa obra “Bon Apettit”, protagonizada polos chefs Felipe, Antonio e Francisco, que amosarán a deliciosa comida mexicana repasando a historia deste país.

As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Lea también

Valdoviño acoge el documental “Cardoña, fotos a 7 pesetas” y posterior coloquio

La Biblioteca Municipal de Valdoviño acoge este jueves 10 la proyección del documental «Cardoña, fotos …