A Deputación da Coruña convoca a III edición dos premios de Boas Prácticas en Servicios Sociais

A Deputación da Coruña convoca a terceira edición do Premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais, un galardón co que pretende recoñecer ás entidades que traballan no eido social e na protección dos colectivos máis vulnerables na provincia.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar as bases deste certame, que premiará o traballo realizado por entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña, e das persoas que están detrás delas, a prol do benestar social das persoas con máis dificultades.

As bases establecen que as entidades que presenten os seus proxectos deberán desenvolver a súa actividade nalgunha destas áreas: familia, infancia e mocidade; persoas con diversidade funcional; persoas maiores; minorías étnicas e inmigración; drogodependencias e outros trastornos aditivos; ou situación ou risco de exclusión social.

“Queremos que estes premios sexan un recoñecemento a todas aquelas entidades e persoas que cada día contribúen a mellorar a vida das persoas máis desfavorecidas, que traballan para construír unha sociedade mellor”, afirmou o presidente provincial, Valentín González Formoso.

40.000 euros en premios

A deputada de Política Social, Mar García Vidal, destacou que nesta edición a Deputación outorgará catro premios de 10.000 euros cada un; tres deles aos mellores proxectos exemplo de boas prácticas no eido social e un premio á traxectoria dunha entidade que destaque pola súa implicación na mellora da vida das persoas.

“Desde a Deputación apoiamos o traballo de 273 entidades sociais cada ano, financiamos 411.000 horas de servizo de axuda no fogar,contratamos a 179 profesionais dos servizos sociais nos concellos e atendemos a máis de 2.700 persoas maiores co noso servizo de Teleasistencia. Son cifras que amosan que o eido social é un dos eixos fundamentais da acción desta institución”, afirmou a deputada.

Na última edición deste certame, as entidades premiadas foron Down Coruña, Teima Down Ferrol, Aspanaes e Ambar Barbanza. Aspronaga e a Asociación Íntegro recibiron sendas mencións honoríficas.

O prazo para presentarse determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste programa no BOP a través da Base de Datos Nacional de Subvencións.

As propostas deberán achegarse de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL da Deputación.

As bases dos premios poden consultarse a traves do seguinte enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/11/14/2023_0000008981.html

Lea también

El Sorteo de Navidad reparte más de 14 millones en premios en Galicia, aunque el Gordo esquiva la comunidad

Localidades de las cuatro provincias han sido agraciadas con el segundo premio, el tercero y …