As Pontes abre a inscrición nos campamentos de conciliación familiar de Nadal 2023-2024

O Concello das Pontes abre mañá xoves día 16 o prazo de incrición para participar nos campamentos urbanos de Nadal, de conciliación familiar, 2023-2024, unha iniciativa da Concellería de Igualdade que ten como obxectivo prioritario permitir ás familias do municipio conciliar a vida laboral, persoal e familiar durante as vacacións de Nadal.

Os campamentos, dirixidos a nenas e nenos nados entre 2012 e 2020, desenvolveranse os días os días 22, 26, 27, 28, 29 de decembro 2023 e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2024 e inclúen diferentes propostas de actividades lúdico-educativas orientadas a promover valores como o respecto mutuo, a tolerancia, a igualdade e a colaboración, encamiñados a facilitar a convivencia entre os/as menores. As actividades levaranse a cabo en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas. Hai 30 prazas dispoñibles e a cota de inscrición é de 40 euros por cada menor inscrito.

As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos e fillas nestes campañamentos deben estar empadroadas no Concello das Pontes e trallabando no período de vacacións, dándoselle prioridade ás familias con ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM 2023, límite que se incrementa nun 15% cando se trate de familias monomarentais/monoparentai ou familias numerosas. Para a xustificación destas situacións é preciso achegar a seguinte documentación: fotocopia do libro de familia (en caso de ser o primeiro ano de inscrición), fotocopia do DNI das persoas solicitantes e menores (en caso de ser o primeiro ano de inscrición) certificado de empadroamento da unidade familiar ou autorización para a comprobación destes datos no padrón municipal e declaración da renda do 2022 ou xustificante de non ter a obriga de facela.

Ademais haberá que achegar certificados de empresa conforme se está traballando ou non en período de vacacións (para as persoas autónomas entregarase fotocopia do último recibo de autónomos), certificado da entidade que imparte a formación de estar asistindo a ela, declaración xurada de estar a traballar no servizo doméstico (de ser o caso) así como outra documentación que se requira para xustificar as diferentes situacións de respiro familiar ou similares.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal do Concello, previa cita nos números de teléfono 667 12 93 89/667 12 93 80, en horario de 08:30 a 13:30 horas, no rexistro municipal, ata o 5 de decembro. Tamén poderá enviarse a inscrición e a documentación a través da sede electrónica do Concello.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …