Alerta en Narón, por unha estafa na venda de entradas para o espectáculo “La Sirenita. El musical”

O Padroado da Cultura de Narón recibiu unha alerta por unha estafa coa venda de entradas para o espectáculo “La Sirenita. El musical”, que non está programado na cidade aínda que se anuncia a través dalgunha páxina web para o vindeiro 10 de decembro no Auditorio municipal.

Dende o Padroado incídese en que a única plataforma válida para a adquisición de entradas é a do propio Padroado, a través da web: www.padroadodecultura.es ou da billeteira do Pazo da Cultura.

No caso de que se sospeite de actos como o indicado, prégase que se contacte antes de proceder á compra coa billeteira do Pazo, a través do número de teléfono: 981 391 144 ou se consulte a web do Padroado, onde se publicitan todos os espectáculos programados.

Lea también

Marcos Mella presentó su nuevo videoclip en el Casino Ferrolano

El cantautor Marcos Mella presentó este jueves 30 de abril a las 19:00 horas su …