Neda e Fene acollen encontros para difundir o Programa de Axudas do FEMPA 2021-2027

O GALP Golfo Ártabro Norte convoca dúas novas xornadas de divulgación do Programa de Axudas do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 este martes 14 de novembro.

As dúas citas serán nos municipios de Neda (ás 12:00 na Casa das Palmeiras) e Fene (ás 19:00 na Casa da Cultura), con entrada libre.

Nestas xornadas se presentará a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), que é o documento de referencia que fixa os obxectivos do FEMPA para a zona costeira e establece os criterios de valoración para a concesión das axudas.

Éstas poden dirixirse a empresas (pequenas e medianas, e autónomos), confrarías de pescadores, sector pesqueiro (asociacións profesionais e entidades sen ánimo de lucro integradas por confrarías), entidades públicas locais (concellos e mancomunidades), asociacións (declaradas de utilidade pública), entidades sen ánimo de lucro (que fomenten as actividades náuticas, promocionen os produtos pesqueiros, fomenten o medio mariño e costeiro, ou promovan o patrimonio cultural marítimo pesqueiro) e municipios densamente poboados (autónomos do sector e familiares, persoas xurídicas que realicen actividades no sector, e proxectos de concellos dirixidos ao sector ou que presenten beneficios para o resto da zona costeira) que queiran por en marcha un proxecto.

Os requisitos para que un proxecto sea financiable son os seguintes: contribuir ao desenvolvemento do territorio ou a poñer en valor os produtos pesqueiros, estar localizado no territorio, axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal eautonómica), ser viables técnica, financeira e económicamente, non estar iniciados na data de presentación da solicitude, e crear como mínimo un posto de traballo.

Por outro lado, os beneficiarios das axudas deberán cumprir as seguintes obrigas: cumprir o obxectivo, realizar o proxecto e xustificar a execución ante o GALP; comunicar a recepción doutras subvencións e achegar a información requerida; cumprir as condicións de admisión; manter o investimento en infraestruturas ouinvestimentos produtivos durante 5 anos; proporcionar información para a avaliación e seguimento do programa; levar rexistros contables independentes e conservar documentos; aceptar ser incluido en listas públicas de axudas e dar a coñecer a axuda prestada, cumprindo a normativa de comunicación; e cumprir a normativa comunitaria, nacional e rexional.

As contías das axudas van dende o 50% como regla xeral, o 60% do sector pesqueiro (para organizacións de pescadores e beneficiarios colectivos do sector pesqueiro), 100% (en operacións con interese colectivo e beneficiarioncolectivo), 100% para pesca costeira artesanal (no caso de armadores de buques de pesca de menos de 12 metros que non usen artes de arrastre, mariscadoras a pé, e entidades pesqueiras artesanais) e mínimis (cun límite de 200.000€ por promotor en operacions suxeitas ao regulamento de mínimis durante 3 exercicios fiscais).

En breve se abrirá a convocatoria para presentar solicitudes no ano 2024.

O GALP Golfo Ártabro Norte abarca os concellos de Ferrol, Narón, Fene, Neda, Ares, Mugardos, Cabanas, Pontedeume, Miño e Paderne, e o seu programa de axudas europeas

Lea también

Los trabajadores de Einsa Print en As Pontes convocan huelga indefinida tras el anuncio de ERE

El comité de empresa de Einsa Print en As Pontes (A Coruña), empresa dedicada a …