O Ateneo Ferrolán ofrece Martes de Cine ás 19 h

Ateneo Ferrolán ofrece Martes de Cine ás 19 h . A continuación, relátase as proyeccións que terán lugar 

Martes día 14 de novembro“Vive como quieras” Frank Capra (1938). 126’

Reparto
James Stewart, Jean Arthur, Lionel Barrymore

Alice Sycamore, a única persoa cun pouco de cordura nunha familia chea de lunáticos, namórase do seu xefe, Tony Kirby, que pertence a unha familia moi rica e moi ridícula. A diferenza entre o estilo de vida e a mentalidade de ambas as familias agudízase cando os pais del van cear a casa dela, e a cea termina coa chegada da policía e a detención de todos os presentes, acusados de anarquistas.

Martes día 21 de novembro“Flores rotas” Jim Jarmusch (2005). 105’

Reparto
Bill Murray, Jeffrey Wright, Sharon Stone, Frances Conroy

Orixinal e extravagante revisión do mito de Don Juan. Despois de ser abandonado pola súa última conquista Don Johnston (Bill Murray) recibe unha carta anónima na que se lle informa de que ten un fillo. Tan inesperada noticia impúlsao a emprender unha viaxe en busca das súas antigas amantes para resolver o misterio.

Martes día 28 de novembro“Johnny Palillo” Roberto Benigni (1991). 110’

Reparto
Roberto Benigni, Nicoletta Braschi, Paolo Bonacelli

Dante é feliz conducindo o autobús escolar que transporta a mozos con discapacidade mental, pero non pode evitar pensar que á súa vida fáltalle algo. Un día case o atropela un coche, e coñece a María. Ela parece encantada con el, e mesmo o convida á súa preciosa vila de Palermo. O que ignora o infeliz é que todo forma parte dunha trama. Dante garda un parecido asombroso co marido de María, un gángster ameazado de morte.

Lea también

Ya está en marcha un nueva rondalla en Ferrol, «Nas ondas do Mar», tras la ruptura con el Club de Campo

Tras una leve la tempestad en el mundo rondallístico ferrolano al notificar el Club de …