O BNG de Narón solicita actuacións urxentes na Rúa Areosa

O BNG de Narón reclama ao goberno municipal de Narón actuacións urxentes na Rúa Areosa, no barrio de Freixeiro, e na confluencia da mesma coa RúaMiguel de Cervantes.

Según o comunicado remitido este xoves polo BNG de Narón «A Rúa Areosa, no barrio de Freixeiro, ten o pavimento completamente destrozado, cheo de fochancas, o que levou a que se producisen xa varios incidentes antes da época de choivas, agravándose estes agora» . O BNG ven de solicitar por rexistro ao goberno municipal de Narón que se habilite unha partida para o arranxo da mesma, coa maior celeridade, e de non facelo neste periodo que sexa incluído nos orzamentos do vindeiro ano 2024.

“Unha rúa con tráfico de vehículos de relevante importancia coma esta, por ser comunicación entre o barrio do Lodairo e a Estrada de Castela ao seu paso por Freixeiro, non pode estar nun estado tan lamentábel á espera de que se sigan a producir máis incidentes, ou incluso incidentes máis graves”, indica Marta Grandal, a responsábel local do BNG.

Asemade, desde o BNG solicitan o mantemento da zona verde da mesma Rúa na súa confluencia coa rúa Miguel de Cervantes, a vexetación invade a intersección destas rúas e impide a visibilidade aos condutores ao entrar na rúa.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …