FeC e BNG condenan enérxicamente as pintadas realizadas na sede do PSOE de Ferrol

 

Ferrol en Común rechaza e condena con firmeza as pintadas aparecidas este mércores nas paredes da sede do PSOE de Ferrol e amosa todo o seu apoio «aos compañeiros do Partido Socialista ante un comportamento vandálico e incívico»

Este tipo de actuacións «son froito dos discursos que só buscan crispar á sociedade e embarrar a convivencia, sendo absolutamente inxustificables nunha sociedade democrática coma a nosa»

Pola súa Banda o BNG de Ferrol «censura» estes ataques..«Diante do actual contexto e da situación política que se está a xerar no ámbito estatal e que está a ter consecuencias no ámbito local, desde o BNG de Ferrol consideramos que o actual comportamento tanto do Partido popular como de determinados estamentos xudiciais esta a vulnerar os principios democráticos máis básicos».

Nun comunicado deste mismo mércores  declaran que, «Posicionamentos públicos como o do CGPJ diante de leis que nin existen e que o poder político ten toda a lexitimidade para poder desenvolver como é a lei de amnistía ou a negativa do Partido Popular a aceitar maiorías parlamentarias que non son a súa están a provocar actitudes e comportamentos intolerables como os acontecidos, no día de onte, contra a sede do Partido Socialista en Ferrol e que desde o BNG censuramos da maneira máis rotunda e contundente posible».

 

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …

Un comentario

  1. Si las pintadas fuesen en la sede de PP no condenaban nada y decían que se lo buscaron por fachas… vergonzoso