Fene lanza o programa «Acompañar no reto de educar»

O Concello de Fene, a través dos Servizos Sociais, ven desenvolvendo dende os seus inicios programas relacionados co apoio ás familias na súa labor educativa cas crianzas.

O próximo luns día 13 de novembro a partir das 18:00 horas iníciase unha nova andadura de espazos en familia a través das sesións que se van a celebrar na Casa da Cultura.

O concello de Fene a través da agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolven o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa familiar “ MAS QUE UN TEITO”, subvencionado pola Consellería de Sanidade.

Trátase dun programa de formación en prevención familiar e comunitaria e ten como finalidade acompañar para evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables e tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero.

As sesións coas familias complementa aos obradoiros que se ofertan ao alumnado.

Estas actuacións están encamiñadas a sensibilizar, mellorar e complementar a información nas familias a nivel emocional e na prevención das condutas adictivas de maneira precisa e axeitada.

No ciclo de novembro e decembro as sesións a impartir son:

“As crianzas medran, e agora que? “
DATA: 13 de novembro

Abordaremos as oportunidades, preocupacións e retos que conleva a crianza nas súas diferentes etapas; facilitando diferentes ferramentas e estratexias para o acompañamento saudable das nosas fillas e fillos (límites, afectos, autonomía, coeducación, etc.). Destinada a todos os públicos

“ Comunicaste en positivo? Pásate ao bo trato!”
DATA: 20 de novembro

Trata de analizar os estilos comunicativos na crianza, afondando no modelo da comunicación afectivo-
consciente (asertividade, empatía, escoita activa e validación emocional). Compartiranse experiencias e recursos de como acompañar dende e para o botrato, fomentando así relacións positivas e igualitarias.
Destinada a todos os públicos

“Familias sobreprotectoras, menores fráxiles”
DATA: 27 de novembro

Reflexión sobre que entendemos por sobreprotección e as consecuencias. Compartiranse experiencias recursos de como acompañar, fomentando así relacións maduras e críticas. Destinada a todos os públicos

“Convivir coas emocións”
DATA: 4 de decembro

Analizar como se identifican as emocións e as ferramentas a utilizar desde a educación emocional, a disciplina positiva e a comunicación non violenta. Destinada a todos os públicos

“Adicción aos videoxogos”
DATA: 11 de decembro

Os aspectos a tratar, entre outros son, a xestión do tempo, o risco da adición, as pautas para previr e a posición da familia ante condutas aditivas. Destinada para familias con fillos escolarizados a partir 3o de primaria.

“Menores e pornografía”
DATA: 18 de decembro

Aportarase información sobre as redes sociais, cales utilizan as crianzas, condutas arriscadas e ilegais. Dirixida a familias e preadolescentes

Todas as sesións realizaranse ás 18.00h. LUGAR: Casa da cultura de Fene

As xornadas serán participativas, utilizando dinámicas e responderase ás preguntas plantexadas.

Poboación destinataria: Representantes das ANPAs, entidades sociais e familias.

Presentación das solicitudes: poderase facer achegando a ficha de inscrición cuberta polos seguintes medios: a través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal ou mediante o código QR

Inscrición: As prazas cubriranse por orde de inscrición ata completar aforo.

Para calquera outra información dirixirse a: CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE R/Avda. do Mar, bloque 1-baixo 15500 San Velentín-Fene Teléfonos: 981492706/981342607

Lea también

Los trabajadores de Einsa Print en As Pontes convocan huelga indefinida tras el anuncio de ERE

El comité de empresa de Einsa Print en As Pontes (A Coruña), empresa dedicada a …