SCRD Agarimo de Sillobre, Fene, acolle a función teatral Dous no camiño (A lenda Xacobea)

A SCRD Agarimo acolle este sábado 17 de outubre, ás oito do serán, a función teatral Dous no camiño (A lenda Xacobea), dirixida por Avelino González a partir de textos de Roi Vidal e Xurxo Barcala, e cos cómicos Fran Rei e Isabel Risco á fronte.

Trátase dunha revisión e actualización a través do humor e o descaro das lendas xacobeas máis populares: a de Roldán, o cabaleiro francés, a da barca de pedra de Muxía e a do traslatio do Apóstolo Santiago de Compostela. Sempre en ton cómico, mais mantendo a esencia destas historias máxicas,

Dous no Camiño pretende ser un divertido e sinxelo achegamento ás lendas xacobeas, facendo especial fincapé nas raíces galegas das mesmas e dende unha visión actual.

Ao longo do espectáculo, Isabel Risco e Fran Rei, de inicio unha peregrina e un peregrino de personalidades ben distintas e que se atopan accidentalmente nun punto do camiño, vanse transformando en todos os personaxes que protagonizan estas lendas: o cabaleiro Roldán, as irmás mouras, o Apóstolo Santiago, a Raíña Lupa e, moi especialmente, Teodoro e Atanasio, aloucados e divertidos discípulos do Apóstolo. Risas e sorpresas que nos darán a coñecer a historia do feito Xacobeo dun xeito ben peculiar, orixinal e divertido.

Función organizada pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Xunta de Galicia no marco do programa O teu Xacobeo.

DousCamino_Redes_Fene
 

Lea también

Presentación en Mugardos de ‘José Deus. Un genio a hombros de gigantes’, de Mercedes Puyol

Las Asociación Cultural Apelón Educación presenta este viernes día 16, en Mugardos, el libro «José …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *