Neda pon en marcha a vindeira semana “Tempo para o teatro” con cinco espectáculos ‘top’

O Concello de Neda inicia a vindeira semana unha nova edición do seu ciclo Tempo para o Teatro. Todos os venres, a partir das 20:30 horas, a Casa da Cultura deixará espazo para esta arte, cunha programación, con marcado protagonismo feminino, que incluirá espectáculos de primeiro nivel e artistas ben populares no panorama galego. Para abrir boca, a retranca de Leti da Taberna.

“Nabiza Girl”, coa coñecida Isabel Risco | Neda

O monólogo “Enredadas no Camiño”, da coñecida creadora de contido, tiktoker e humorista galega, inaugurará este ciclo. A súa proposta. unha reflexión sobre o comportamento que as redes sociais, e a telefonía en xeral, provocan na xente, con situacións ben cómicas nas que todos os espectadores se verán reflectidos. Trátase dunha aposta incluída na iniciativa “O teu Xacobeo”, da Xunta de Galicia, o resto do ciclo é froito da colaboración entre Concello de Neda e a Deputación da Coruña.

Non será o único monólogo do ciclo. Así, o 30 de outubro será a quenda de “Nabiza Girl”, coa coñecida Isabel Risco convertida na súper heroína galega que traballa por unha sociedade máis xusta e igualitaria, ademais de reivindicar a identidade do país. E xusto sete días despois, Helena Varela porá en escena, “Oh, mammi blue”, monólogo tráxico, cargado de humor, que desafiará as expectativas de espectador, cunha posta en escena anovadora e impactante, que “comeza coas primeiras horas dun parto, as últimas de un embarazo e a sensación de que algo vai saír mal”.

“Os dous de sempre”, protagonizada polo dúo cómico Mofa & Befa | Neda

O venres 13 de novembro chega “Os dous de sempre”, inspirada na obra de Castelao, e protagonizada polo dúo cómico, fundado hai xa trinta anos, Mofa & Befa. Así, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira dan vida a Pedriño e Rañolas, “amigos inseparables, son ao tempo antagónicos: un soñador idealista fronte un materialista conformista”. Unha obra de Excéntrica Producións, dirixida por Quico Cadaval, incluída no “Outono das Artes”.

Completa o ciclo Tempo para o teatro “Sophie non é o meu nome de guerra”, de Redrum Producciones. A obra, creada a partir do texto teatral homónimo de Roberto Pascual, gañador do Premio Rafael Dieste 2021, fala da migración forzada, a través da vivencia persoal dunha muller que loita por ser libre, por amar e ser amada.

As entradas para as obras, cun coste de 2 euros, ou a reserva de prazas no caso das dúas gratuítas a de Leti da Taberna e a de Mofa & Befa, poranse á venda en cadansúa semana, de martes a venres, na biblioteca municipal.

Lea también

La unidad móvil de la ITV para vehículos agrícolas se desplaza a Neda el 26 de noviembre

Los vecinos/as de Neda que tengan en propiedad tractores con o sin remolque y otro …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *