Comeza unha nova edición do concurso de tapas Saborea As Pontes

As Pontes celebra, a partir deste xoves 2 de novembro, unha nova edición do concurso de tapas Saborea As Pontes, organizado polo Concello, a través da concellería de Promoción Económica.

Esta cita gastronómica, na que participan 15 establecementos hostaleiros das Pontes, busca dinamizar e impulsar un sector de gran importancia na economía da vila ao tempo que ofrece a posibilidade de coñecer o seu bo facer e creacións culinarias nas que cobran protagonismo os productos do sector primario pontés, de alto valor engadido.

Os establecementos que participan nesta cita son O Colador, Cafetería-Cervecería Venus, Bar Chaplin, A Taberna de Pancho, Hotel Pontes do Eume, Mesón A Lareira, Segunda Cueva, Café-Bar Trastoy 3, Medulio, Mesón de Pepe, DelaPiccola As Pontes, Vinoteca Restaurante Hume, A Caseta do Parque, Bar Jardín e Mama Cakes.

Ente as propostas, veciñanza e persoas visitantes poderán atopar petiscos elaborados con chourizo, queixo, carne de porco, pataca, produtos de tempada, elaboracións innovadoras, pequenas mostras da gastronomía internacional.

As tapas poderán desgustarse de xoves a domingo, do 2 de novembro ao 5 de novembro e do 9 de novembro ao 12 de novembro. Os xoves as tapas serviranse de 19:30 a 23:00 horas mentres que os venres, sábados e domingos ampliarase o horario para ofrecer tamén as degustacións en horario matutino, de 12:00 a 15:00 horas e durante as tardes de 19:30 a 23.00 horas. O prezo das tapas será de 2,50 euros.

Saborea As Pontes repartirá dous premios entre todas as tapas do concurso. Unha Comisión de Valoración Oficial será a encargada de elixir a mellora tapa pontesa mentres que o xurado popular, a través do seu voto, escollerá a tapa pontesa máis valorada polo público. Ademais, repartiranse 9 premios, de 200 euros cada uno, entre todas aquelas persoas que cubran os boletos do concurso de tapas que poderán trocarse no comercio e hostalaría local.

Elena López invita á veciñanza e visitantes a participar neste certame, «a degustar as tapas, a saír á rúa e a gozar desta nova edición e seguir contribuíndo de forma activa e en primeira persoa á boa marcha dun dos sectores económicos esenciais na nosa vila».

Lea también

Liberada una persona con un brazo atrapado en una máquina agrícola, en Monfero

Efectivos del Parque Comarcal de Bomberos, con base en As Pontes, han liberado a una …