Inscricións en As Pontes nas escolas municipais deportivas para adultos

O Concello das Pontes abre o martes, 31 de outubro, o período de inscrición nas escolas municipais deportivas para persoas adultas.

O departamento de Deportes habilitará dúas vías para realizar a inscrición; de forma telemática, a través do e-mail do departamento (deportes@aspontes.org), e de forma presencial, no primeiro piso da casa consistorial. Só se admitirá unha solicitude por persoa e as prazas dispoñibles repartiranse ao 50% entre os dous métodos de inscrición.

A inscrición para participar nas escolas de mantemento físico e de ximnasia para a terceira idade realizarase o martes 31 de outubro, a partir das 09:00 horas. A inscrición en pilates e aeróbicrealizarase o xoves, 2 de novembro a partir tamén das 09:00 horas. Non serán admitidas en ambos casos as inscricións anteriores a esa data e hora.

A admisión nas escolas deportivas virá determinada pola data e hora de presentación das presincripcións, ata completar o número de prazas existentes. Unha vez cotexados os rexistros de preinscripción, desde o departamento de deportes confirmarase, por vía telefónica, a praza, quedando deste xeito formalizada a inscrición.

Este ano, os grupos quedarán limitados a un máximo de 14 persoas e as clases comezarán o luns, 6 de novembro, e impartiranse no ximnasio de polideportivo municipal. Entre a oferta deportiva atópanse as clases de mantemento físico, os luns e os mércores, en horario de mañá (de 11:00 a 12:00 horas) e en horario de tarde (de 18:00 a 19:00 horas) e os martes e xoves en horario de tarde (17:00 a 18:00 horas)

As clases de ximnasia para a terceira idade impartiranse tamén os luns e mércores en horario de mañá (de 10:00 a 11:00 horas) e os martes e xoves en horario de tarde, de 19:00 a 20:00 horas.

As clases de aeróbic impartiranse os martes e xoves en horario de mañá (de 10:00 a 11:00 horas) e en horario de tarde (de 20:00 a 21:00 horas)

As clases de pilates desenvolveranse os martes e xoves, tanto en horario de mañá (de 11:00 a 12:00 horas) como de tarde, de 18:00 a 19:00 horas. Os luns e os mércores, en horario de tarde, de 19:00 a 21:00 horas. Como en anos anteriores, en cada clase realizaranse controis de asistencia, dúas faltas de asistencia ao mes, sen xustificar, suporán a baixa na actividade.

Lea también

Las obras de la ‘Cidade do Deporte’ en FIMO empezarán antes de finalizar el año

Empieza la cuenta atrás para que el gran proyecto de la ‘Cidade do Deporte’ empiece …