O programa, que se desenvolverá nas asociación veciñais de A Magdalena, San Pedro de Eume, Paraño, Saa, Goente, Marraxón e Vincallo ten como obxectivo mellorar a calidade de vida da veciñanza máis maior do municipio de As Pontes, a través da realizacion de diversas actividades, permitindo que as persoas maiores da vila sigan sans e activas, evitando o seu deterioro físico e cognitivo así como o illamanto ou a exclusión social.
«A través deste programa buscamos promover a función integradora e activa das persoas maiores na sociedade, a relación entre eles e a axuda mutua así como o mantemento da súa autonomía e independencia para mellorar a calidade de vida», apunta Tania Pardo, concelleira de Benestar Social. As actividades desenvolveranse entre os meses de outubro de 2023 e marzo de 2024, un día á semana en cada asociación, durante unha hora e media e nelas participarán un total de 70 persoas maiores de 60 anos.
Entre as actividades que se levarán acabo destacan as actividades físicas dirixidas a mellorar a motricidade, o mantemento da autonomía e a prevención de caídas, todas elas centradas na persoa xa que “ o exercicio físico mellora os efectos do envellecemento sobre a saúde psíquica e física e tamén mantén unha relación con un menor deterioro cognitivo, promovendo un mellor estado de ánimo” explica a concelleira de Benestar Social.
Por outra banda as actividades de estimulación cognitiva están orientadas a manter as capacidades cognitivas a medio, longo prazo atrasando o deterioro cognitivo e lévanse a cabo tanto de forma individual como grupal, sempre adaptadas ás capacidades e intereses dos diferentes grupos, destacando os exercicios de memoria, atención, asociación, cálculo ou linguaxe.