A Deputación da Coruña crea 1.550 empregos e mellora os servizos dos concellos da provincia cun investimento de 18,6M€

A Deputación da Coruña publica no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de doce dos trece programas cos que o goberno provincial contribúe á creación de emprego nos concellos e á mellora dos servizos públicos municipais. A lista completarase nas próximas semanas coa convocatoria do PEL-Concellos 2024.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o vicepresidente, Xosé Regueira Varela, compareceron esta mañá en rolda de prensa para presentar estes programas, que segundo explicou Formoso “suman un orzamento de 18.636.000 euros e financian directamente a contratación de 1.550 persoas o vindeiro ano nos municipios coruñeses”.

“Anticipamos, reformulamos e concentramos estas liñas de axudas da Deputación grazas ás cales os concellos coruñeses poden contratar a partir do 1 de xaneiro de 2024 profesionais especialistas en distintos sectores, coma técnicos de cultura, de deportes, de turismo, persoal de axuda no fogar para persoas maiores, persoal especializado en servizos sociais, axentes de igualdade de xénero, socorristas de piscinas municipais ou equipos de limpeza de praias, entre outros moitos”, o que segundo explicou o presidente contribúe a mellorar servizos locais dos que se beneficia directamente a cidadanía.

Ofrecer servizos de calidade nos concellos máis pequenos

O presidente destacou que, ademais de manter un número importante de empregos, estes programas da Deputación “contribúen a fixación de poboación no rural, un dos principais obxectivos do goberno provincial”, ao favorecer o acceso á cultura, o deporte ou os servizos sociais, de forma que os pequenos municipios podan contar con servizos de calidade, ao nivel das vilas e cidades con maior poboación e recursos.

Son programas que permiten que, por exemplo, concellos de menos de 5.000 habitantes coma Rois ou Carnota podan manter escolas de música, que municipios coma A Larcha podan contratar a catro persoas especialistas no eido social e financiar 12.000 hora anuais de servizo de axuda no fogar ou que Lousame, Ponteceso e Sobrado dos Monxes dispoñan dun técnico de xestión cultural.

Pola súa banda, o vicepresidente Xosé Regueira Varela, incidiu tamén na importancia destas 13 liñas de axudas “para ofrecer servizos de calidade nos concellos”.

Regueira desatacou que, a maiores destas liñas, o Plan Único “permite tamén financiar servizos de competencia municipal, polo que os concellos costean tamén parte das súas plantillas con fondos deste Plan”.

Ademáis de ser un garante da creación de emprego no sector privado (o Plan Único impulsou a execución de máis de 3.300 obras na provincia), Regueira detacou que este “tamén contribúe de forma decisiva a costear os ervizos básicos municipais”

“É unha boa nova anticipar estas axudas e que os concellos podan seguir contando co persoal necesario para sacar adiante os proxectos de cultura, de turismo, de promoción económica ou benestar”, concluíu Xosé Regueira, que explicou que os concellos poderán efectuar as súas solicitudes a estas convocatorias a partir do venres, 20 de outubro.

Principais programas de creación de emprego nos concellos

De entre estes trece programas de apoio aos concellos, destacan polo volume de empregos que xeran e pola mellora da calidade de vida que supoñen para moitas persoas da provincia o Plan de servizos sociais comunitarios e o PEL-Concellos.

O programa de servizos sociais comunitarios, cun orzamento anual de 8,3 millóns de euros, permite crear 243 empregos no eido social e financiar  411.000 horas de servizo de axuda no fogar nos concellos.

Por outra banda, o PEL-Concellos, que este ano supuxo unha oportunidade laboral para 597 persoas que estaban en situación de desemprego contribúe de forma decisiva á mellora de moitos servizos municipais nos concellos da provincia.

Ademáis destes dous programas, a Deputación financia a contratación nos concellos coruñeses de 161 persoas no eido da Cultura (técnicos de cultura, atención a museos, escolas e conservatorios de música e danza municipais), 74 persoas no eido de Deportes, 283 en Medio Ambiente (incluíndo os servizos de limpieza de praias), 264 en servizos sociais ou 34 en normalización lingüística.

Lea también

La borrasca Caetano obliga a activar alertas nivel naranja y amarillo por vientos y lluvias en Galicia este jueves

Además, MeteoGalicia informa de varios avisos nivel amarillo por lluvias acumuladas puntualmente superiores a los …