O BNG denuncia a falta de aplicación do convenio de transición xusta de As Pontes

“A situación actual do convenio de transición xusta de As Pontes é reveladora de que están, máis unha vez, a roubarnos a carteira” Deste xeito rotundo expresábase o deputado do BNG no Parlamento Galego, Mon Fernández, na rolda de prensa do BNG para facer unha avaliación da situación actual do convenio e das iniciativas da organización nacionalista para desbloquear a actual situación; acompañado do alcalde de San Sadurniño –Secundino García- e outros portavoces municipais dos concellos afectados

O deputado do BNG, fixo alusión á resolución do BOE do pasado 19 de agosto da Dirección Xeral  19 de agosto de Política Enerxética e Minas pola que se autoriza o peche dos catro grupos da Central Térmica que Endesa ten na Vila das Pontes, cada un deles con unha potencia neta de 350 MW. 

Este peche, solicitado formalmente pola sociedade propietaria da Central en decembro do ano 2019, e polo tanto  , coñecido desde hai case 4 anos, prodúcese nun contexto de grande incerteza en canto ao futuro da Vila e dos concellos en canto ao futuro da Vila e dos concellos da área de influencia, acrecentado a un grao máximo pola grande incógnita de todo o proceso da Transición Enerxética do Estado: que pasou coa capacidade de evacuación ao sistema que vai liberar o peche dos 4 grupos da Central, que suman aproximadamente 1.400 MW, e que, segundo o operador do sistema (Red Eléctrica de España), é de 0 MW.

Ao respecto, Mon Fernández asegurou que “estase a repetir a historia no referente á utilización dos nosos recursos, neste caso como provedores de electricidade barata mentres outros territorios amarran proxectos industriais de maior valor engadido ao amparo dos concursos de transición” en alusión á adxudicación do nó de acceso que libera o peche da térmica de Andorra-Teruel, resolto polo Ministerio a favor dunha oferta que significa o investimento de 1.500 millóns de euros e a previsión de crear 6.300 empregos en máis de 30 actuacións de acompañamento

Ao respecto das medidas a levar a cabo polo BNG, Secundino García concretou unha moción que se está a trasladar aos concellos afectados para “demandar que se impulse de inmediato o proceso para o concurso, garantindo unha auténtica transición, progresiva e sen efectos traumáticos para o emprego e a economía da nosa comarca” e que recolle os seguintes acordos:

1.   Esixir  ao Goberno do Estado o mantemento dos 1.400 MW de evacuación da CT de carbón das Pontes no nó de Transición Xusta As Pontes 400 kV, e a convocatoria inmediata e urxente do Concurso de Transición Xusta para a adxudicación de 700 MW dos grupos 3 e 4 deste nó de transición co mesmo procedemento empregado para adxudicar o acceso ao nó da CT de Andorra Teruel mantendo dispoñíbeis para o sistema os dous  grupos restantes até que non se garantan as condicións socioecómicas precisas para unha verdadeira transición coa execución dos proxectos alternativos de continuidade, momento no que a súa capacidade tamén será obxecto de concurso.

2.   Esixir á Xunta, en colaboración co Instituto de Transición Xusta, e coa participación dos Concello de Cabanas ,A Capela, Cerdido, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Ortigueira, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas, Muras, Vilalba e Xermade, a creación e convocatoria, inmediata e urxente, dunha Comisión de Seguimento do Convenio de Transición Xusta das Pontes, como mecanismo de información, participación e colaboración, con reunións mensuais, para analizar e informar, con carácter previo e preceptivo, todas e cada unha das actuacións integradas no meritado Convenio, e derivadas da aplicación, entre outros, dos Fondos de Transición Xusta 2022-2027.

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …