O Pazo de Narón acolle o concerto da xira 2023 “Radio vintage” da banda Tennessee

A formación Tennessee estará este sábado 21 no Pazo da Cultura de Narón, onde se poderá desfrutar da súa música coa xira 2023 e “Radio Vintage”.

A banda, xurdida no ano 1978 mantén un estilo rock&roll cunha ampla variedade de temas no seu repertorio, entre os que tamén se inclúen estilos como o blues, swing, doo-wop…

O concerto dará comezo ás 20.00 horas e as entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

A xira 2023 está levando a esta recoñecida banda a escenarios de todo o país, nos que interpretan cancións propias e tamén adaptacións ao español de clásicos do rock maioritariamente dos anos 50 e 60. Roberto Gil (batería e voz), Isidro Arenas (guitarras e voz) e Amancio Jiménez (baixo e voz) farán desfrutar ao público durante unha hora e media nun espectáculo no que se escoitarán varios temas da súa dilatada e exitosa discografía.

Lea también

Ferrol se convierte por un día en la capital de la inteligencia artificial

El concejal de Cultura de Ferrol, José Antonio Ponte Far, inaugurará este viernes 14 de …