Este domingo celebración en Esmelle do Día da Muller Rural

O Concello de Ferrol ofrece este domingo 15 de outubro, con motivo do Día da Muller Rural, unha serie de actividades na parroquia de Esmelle.

Dous autobuses de 40 prazas cada un partirán desde A Cabana e Santa Icía ás 11:00 horas para recoller ás persoas que desexen participar nos actos. A chegada a Esmelle producirase ás 12:00 horas, onde serán recibidos pola concelleira de Muller, Elvira Miramontes. Acto seguido dará comezo un roteiro guiado polos muíños e lavadoiros de Esmelle.

Ás 14:00 horas ofrecerase un pequeno avituallamento aos participantes e ás 16:00 horas proxectarase a película Julia, que estará seguida dun coloquio co director do filme, Jacobo Lagüela.

Posteriormente, ás 17:30 horas, terá lugar o coloquio Lembranzas e retos dorural no que participarán a escritora Rosa Ruán, a membro da xunta directiva da asociación de veciños de Brión, Laura Vidal Formoso, a presidenta da asociación de mulleres de Esmelle, Mariví Fernández Beceiro, e a agricultora e experruqueira, Teresa López Regueiro.

Os actos pecharanse coa actuación musical de Xan Rodríguez Silvar, tras a cal os autobuses trasladarán de volta aos asistentes.

Esta programación ten como obxectivo promover, sensibilizar e visibilizar a importancia das mulleres do entorno e, tanto o lugar de celebración como o contido dos actos, consensuouse co tecido asociativo da zona rural a través das 16 asociacións que o conforman.

Declaración Institucional

O pleno extraordinario celebrado o 5 de outubro xoves aprobou a Declación Institucional relativa a esta efeméride e responde á necesidade de poñer en valor e visibilizar o traballo das agricultoras e gandeiras.

Dita Declaración recolle a necesidade de continuar coa inclusión da perspectiva de xénero en todas as políticas locais e apostar polo incremento de mulleres en postos de toma de decisións en todos os ámbitos.
Así mesmo, a Declaración incide en incrementar a oferta de servizos básicos e públicos para favorecer o benestar das mulleres rurais mediante medidas que axuden a frear as desigualdades de xénero, impulsar a participación social e o asociacionismo entre as mulleres do noso rural e impartir formación destinadas ás súas necesidades.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …