O BNG de Narón rexistrou unha moción demandando da Xunta de Galicia unha urxente solución á problemática do transporte.
A través dun comunicado expresa que «Son milleiros as queixas de persoas usuarias, colectivos e traballadores ante a problemática do transporte que está a deixar na nosa comarca unha situación realmente caótica, coa eliminación de horarios, itinerarios e paradas, cuestión que repercute negativamente na vida diaria da veciñanza»
«Esta situación deriva dos incumprimentos da empresa adxudicataria, Mombus, e da complicidade da Xunta, que como responsábel da adxudicación debe garantir o servizo e que se cumplan as cláusulas dos convenios asinados»
«A esta problemática engadiremos a falta de puntualidade na entrada dos centros escolares do noso concello, tempos de espera por parte do alumnado ás horas de saída dos institutos por non ter medios suficientes a empresa para atender aos centros educativos; estudiantes que para cursar bacharelato ou ciclos vense na obriga de desprazarse a concellos veciños por non ter servizo de transporte aos edificios escolares do concello…»
«Por toda esta problemática demandamos da Xunta de Galicis unha urxente solución a esta problemática e que se reforcen e adapten os servizos ás horas de máis demanda dos colectivos de usuarias, que se atendan acaídamente as necesidades de mobilidade da poboación»
«Demandamos tamén unha liña de transporte para as rapazas e rapaces de Doso e Pedroso, que teñen como centro de referencia para cursar o bacharelato o IES Fernando Esquío de Neda pero non teñen transporte…»
«E unha modificación do convenio entre a Xunta e o Concello de Narón para que se contemple no mesmo unha liña de transporte de cara ao Polígono do Río do Pozo e ao Polígono das Lagoas, centros de referencia laboral»