Os títeres serán os protagonistas da nova edición de Festea

A pita xefa abrirá este domingo o novo ciclo de Festea, organizado polo Concello de Ferrol mentres que a dirección artística corresponde a Asociación Cultural Titerario.

A compañía Títeres Alakrán será a encargada desta representación que se levará a cabo no Centro Cultural Torrente Ballester ás 12:30 horas.

O sábado 21 de outubro Mermelhada é o espectáculo da compañía madrileña Retablo que os máis pequenos poderán ver no Centro Cívico de Caranza ás 18:30 horas. E o domingo 29 as Marionetas Rui Sousa representarán Quita o sombreiro no Centro Cultural Torrente Ballester ás 12:30 horas.

En novembro haberá catro representacións: o día 5 tamén no Centro Cultural Torrente Ballester Os títeres de Carapuchiña vermella, da compañía andaluza A la sombrita ás 12:30 horas; o sábado 11 A voda da pulga e o piollo de La Gotera Lazotea no Centro Cívico de Caranza ás 18:30 horas; Trapiño viaxeiro, tamén de La Gotera Lazotea, achegará os títeres aos nenos o domingo día 12 no Centro Cultural Torrente Ballester ás 12:30 horas.

Esta edición de Festea rematará o domingo 19 coa obra A viaxe de Isabela da compañía madrileña La Tartana Teatro, que actuará no teatro Jofre ás 12:30 horas.

Este evento forma parte da Red de Festivales Internacionales de Teatro y Objetos de Otoño. Todas as funcións son de balde. As entradas anticipadas na semana de actuación recolleranse no Teatro Jofre en horario habitual de martes a venres de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas. O día da función poderán recollerse entradas no lugar do espectáculo desde dúas horas antes do comezo.

O número máximo de entradas por persoas será catro, agás no Centro Cívico de Caranza que é entrada libre ate completar aforo.

Lea también

Presentación de la novela «Confesión» de Eduardo Martínez Rico, en Ferrol

  Recientemente tuvo lugar en el Casino Ferrolano la presentación de la novela «Confesión», de …