Axenda en Narón do 11 ao 15 de outubro

Pazo da Cultura
Mércores 11 de outubro de 2023

Actividade: “Cine eterno”. Lugar: Pazo da Cultura. Hora: 20.00

O Padroado da Cultura e o Cineclube Serie B organizaron un novo ciclo de cine, sobre películas que fixeron historia. Nesta xornada poderase ver o filme “El golpe”, de George Roy Hill. A entrada é de balde.

Venres 13 de outubro de 2023

Actividade: “Espazo xove”. Lugar: Casa da Mocidade. Hora: De 17.30 a 20.30

O Concello organiza esta iniciativa, dirixida á mocidade de entre 12 e 16 anos e que inclúe numerosas actividades de ocio en catro espazos diferenciados, para videoxogos, xogos cooperativos, lectura e debuxo e pintura. A entrada é de balde.

Actividade: Comedia “Síbaris”. Lugar: Pazo da Cultura. Hora: 20.30

A compañía Con de Tres Pés trae ao Pazo esta comedia, cun elenco integrado por Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Novoa. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodacultura.es.

Sábado 14 de outubro de 2023

Actividade: “I Torneo internacional de baloncesto en cadeira de rodas”. Lugar: Pavillón Campo da Serra. Hora: 17.00 (primeiro partido) e 19.00 (segundo partido)

O Concello e o club deportivo Basketmi organizan este evento deportivo, no que participarán tamén os equipos lusos APD Braga e BC Gaia.

Actividade: “Espazo xove”. Lugar: Casa da Mocidade. Hora: De 17.30 a 20.30

O Concello organiza esta iniciativa, dirixida á mocidade de entre 12 e 16 anos e que inclúe numerosas actividades de ocio en catro espazos diferenciados, para videoxogos, xogos cooperativos, lectura e debuxo e pintura. A entrada é de balde.

Actividade: Comedia “Síbaris”. Lugar: Pazo da Cultura. Hora: 20.00

A compañía Con de Tres Pés trae ao Pazo esta comedia, cun elenco integrado por Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Novoa. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodacultura.es.

Domingo 15 de outubro de 2023

Actividade: “XXII Feira do Mel e produción primaria”. Lugar: Recinto feiral do Trece (Sedes). Hora: De 10.30 a 14.00 e dende as 16.00 ata as 20.00

O Concello organiza unha nova edición deste evento, durante o que se desenvolverá un completo programa de actividades dirixidas a persoas de todas as idades. Haberá expositores de mel e produción primaria. A entrada é de balde

Actividade: “I Torneo internacional de baloncesto en cadeira de rodas”. Lugar: Pavillón Campo da Serra. Hora: 11.30

O Concello e o club deportivo Basketmi organizan este evento deportivo, no que participarán tamén os equipos lusos APD Braga e BC Gaia.

Actividade: Ciclo “Tempo de música”. Lugar: Local social da Picota (O Couto). Hora: 18.00

O Padroado da Cultura colabora coa Asociación de Veciños do Couto na organización deste evento, que este ano alcanza a súa trixésima edición. Nesta xornada actuarán a rondalla “Estrelecer”, do Círculo Mercantil Industrial de Fene e a rondalla de Cariño. A entrada é de balde.

Lea también

La Xunta licita obras de mejoras en carreteras de Narón, As Pontes, As Somozas y San Sadurniño

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitó este lunes por importe de 2.017.639 …