A alcaldesa de Narón recibiu no muíño de Xuvia ao xurado do certame “Vilas en flor 2023”

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu este venres ao dous integrantes do xurado do certame Vilas en flor, Silvia Caffaro, doutora enxeñeira agrónoma na empresa Viveiros Florgalicia SL e Xosé Lois Arenas, enxeñeiro técnico agrícola e docente no CFEA de Guísamo.
O edil de Medio Ambiente, Manuel Ramos, persoal técnico municipal e da empresa do servizo de xardinería municipal participaron tamén na recepción realizada no muíño de Xuvia e no percorrido realizado por espazos verdes da zona urbana.

Os representantes do xurado chegaron ás 16.00 horas ao muíño de Xuvia, donde tiveron a oportunidade de ver uns vídeos sobre a cidade, a
rehabilitación do propio muíño e a construción da senda peonil e ciclista que enlaza os paseos de Xuvia e Freixeiro. Alí atenderon tamén as explicacións da rexedora local sobre o traballo realizado nos últimos anos na mellora de espazos verdes e xestión sostible e do persoal técnico municipal e a empresa de xardinería.

Unha vez rematada a visita desprazáronse ás inmediacións do muíño de Xuvia, percorrendo un tramo do inicio da ruta dos muíños e ao
magnolio centenario de Xuvia, para continuar polo paseo ata as inmediacións do muíño das Aceas. Xa no tramo comprendido entre a nova senda peonil e ciclista dirxíronse tamén cara ao parque Freixeiro, visitando así os espazos verdes máis concurridos da zona urbana da cidade.

Nas vindeiras semanas os integrantes do xurado valorarán o traballo realizado nos últimos meses na cidade para mellorar a xestión dos citados espazos verdes. En base a esa valoración outorgarán os galardóns, as coñecidas “Flores de Honra”, un máximo de cinco por concello, recoñecendo tamén o labor desenvolvido en xestión sostible, mellora e potenciación dos espazos verdes urbáns, educación ambiental e concienciación cidadá no coidado e respecto do medio ambiente.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou “a importancia de recuperar o noso patrimonio e apostar cada vez máis por habilitar espazos verdes e destinados ás persoas, fomentando unha mobilidade sostible a través de políticas de sostibilidade ambiental”.

Preto de corenta concellos galegos, deles quince da provincia da Coruña, inscribíronse este ano na convocatoria, unha iniciativa da Fundación Juana de Vega, a Asociación de Viversitas del Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar) para promover a mellora e posta en valor dos espazos verdes en Galicia. A finais do outono, nunha data aínda por determinar, outorgaranse os galardóns deste certame.

Lea también

Lúa Teijeiro del Club Arco Narón mejor deportista ferrolana en su modalidad

La XXX Gala del Deporte Ferrolano celebrada en la tarde de ayer martes, ha premiado …