Narón acolle as actividades “Biotecnólogos resolven un crime na Biblioteca”

“Biotecnólogos resolven un crime na Biblioteca” é o título da actividade que se desenvolverá este sábado 7, nas instalacións da biblioteca municipal de Narón

A edil responsable da área, Olga Ameneiro, explicou que se trata dunha proposta dirixida a menores a partir de 8 anos, mocidade e persoas adultas que poderán inscribirse a partir de mañá ás 16.00 horas nas citadas instalacións de xeito presencial ou chamando ao número de teléfono 981 382 173.

As persoas participantes terán que descubrir quen é o autor ou autora do roubo dun valioso manuscrito na Biblioteca e para iso deberán ter moi en conta os restos biolóxicos do ladrón. Con esa finalidade terán que extraer ADN das mostras e compáralo co das persoas sospeitosas do furto.

A cita dará comezo ás 11.00 horas e os asistentes axudaranse de material de cociña para resolver o crime, ao tempo que aprenderán xunto co responsable do programa de divulgación científica da Radio Galega Manuel Vicente que é a biotecnoloxía.

Para poder participar é preciso ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendientes. A actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dentro do programa “Ler conta moito”.

Lea también

El Concello de Ferrol aprueba las bases de fomento de la cultura de 2025

Este lunes la junta de gobierno local ha dado el visto bueno a la aprobación …