Aberto en Narón o prazo de inscrición nos cursos da plataforma Cemit

 
O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, informou da apertura do prazo de dous cursos da plataforma Cemit, que se desenvolverán na Aula Cemit de Xuvia.
 
“Aplicacións informáticas LibreOffice Writer e Calc” e “Deseño gráfico con Canva” son as dúas accións que se impartirán entre os meses de outubro e novembro deste ano e para as que se ofertan doce prazas para cada unha, tal e como indicou.
 
“Aplicacións informáticas LibreOffice Writer e Calc” é un curso de 100 horas no que o alumnado recibirá formación sobre ferramentas ofimáticas dos diversos paquetes: Writer, Calc, Base, Impress.. entre outras. As clases terán lugar en horario de mañá, de 9.30 a 13.30 dende o 25 deste mes ata o 30 de novembro.
 
As persoas interesadas en asistir deben anotarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/43002.
 
Na acción de “Deseño gráfico con Canva”, de 40 horas, os contidos a abordar son: edición de fotos con Canva, creación dun libro virtual, dun deseño con formato personalizado, de infografías, de menú para restaurante/cafetería, de cabeceira para YouTube, de miniatura ou Thumbanail para vídeos de YouTube, dun póster e tamén de publicacións para redes sociais e tarxetas profesionais. Neste caso o curso impartirase entre as 16.00 e as 20.00 horas dende o 25 de outubro ata o 8 de novembro.
 
As inscricións realízanse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/43000

Lea también

La AVV de Piñeiros Narón convoca una reunión para tratar la mejora de la seguridad vial de la carretera do Feal

  José Francisco Pita presidente de la Asociación Vecinal de Piñeiros expone a través de …