O cine de estrea regresa a As Pontes

Lorena Tenreiro, concelleira de Cultura do Concello de As Pontes, recorda que o cine é unha das apostas culturais do goberno local con maior acollida entre a veciñanza, especialmente entre o público familiar; » desde o ano 2017, data na que lle ofrecemos á veciñanza acceso a unha carteleira actual e en formato dixital, máis de 31.000 espectadores pasaron pola Casa Dopeso para gozar dos máis de 200 títulos programados».

«Estas cifran acreditan o respaldo a esta proposta cultural anímanos a seguir apostando por achegar á veciñanza unha programación cinematográfica, de estrea, dixital e de calidade, propia das grandes vilas e pensada para todos os públicos»

A programación do mes de outubro arrancará coa proxección, o sábado 7 de outubro, ás 17:00 horas, do filme Barbie, la película que se proxectará tamén ás 19:30 horas e as 22:00 horas e o domingo ás 17:00 e ás 19:30 horas.

A seguinte fin de semana as películas que se proxectarán serán Richard, la cigüeña y la joya perdida (sábado e domingo, ás 17:00 horas) e Todos los nombres de Dios para o público adulto (sábado, ás 19:30 e 22:00 horas e domingo ás 19:30 horas)

A terceira fin de semana estarán en carteleira, para o público familiar, El viaje de Ernest y Celestine (sábado e domingo, ás 17:00 horas) e para o público máis maior Oppenheimer (sábado, ás 18:30 e 22:00 horas e domingo ás 19:30 horas)

Os días 28 e 29 de outubro será a quenda para Campeonex que se proxectará o sábado ás 17:00 horas, ás 19:30 horas e as 22:00 horas e o domingo ás 17:00 e ás 19:30 horas.

O Día do cine español 

Por outra banda, e como punto de inicio da programación cinematográfica, o Concello das Pontes conmemorará, por terceiro ano consecutivo, o 6 de outubro o Día do Cine Español coa proxección ás 21:00 horas, na Casa Dopeso, do filme Las Niñas de Pilar Palomero na que amosa o paso da nenez á adolescencia e os contrastes entre a educación feminina e a contorna da época.

O título obtivo os galardóns á mellor película, mellor dirección novel, mellor guión orixinal e mellor dirección de fotografía na 35a edición dos Premios Goya 2021.

O día do Cine Español foi instaurado polo Consello de Ministros en marzo de 2021 e que rememora a data oficial do final da produción do filme «Esa pareja feliz» (1953) escrita e dirixida por Antonio Bardem e Luis García Berlanga.

Esta conmemoración ten como recoñecer o papel das e dos cineastas e a súa influencia e importancia na vida cultural e social do noso país, así como o valor patrimonial do noso cine e a súa transcendencia decisiva na creación da nosa identidade e imaxinario común.

Lea también

Más de 1.500 escolares participarán en Ferrol en la celebración del 300 aniversario del Ferrol Ilustrado

Más de 1.500 escolares de la ciudad participarán el próximo viernes 8 de mayo en …