I Edición en Narón de “Literatura na rúa”, o sábado 28 de setembro

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza a primeira edición de “Literatura na rúa”, unha xornada na que colaboran tres librarías locais e que contará coa participación de doce escritoras e escritores que asinarán exemplares dos seus libros ás persoas que o desexen.

A convocatoria desenvolverase o sábado 30 de setembro, en horario de mañá, de 10.30 a 13.30 horas, tal e como avanzou a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro. As librarías Pasapáxina, Albatros e Nova participarán nesta convocatoria, e contarán cun espazo habilitado no exterior para que os autores e autoras poidan asinar as publicacións. En Pasapáxina estarán Sara González, Juan Galán, Miguel Castro e Teresa Cameselle; en Albatros farán o propio Juan José Lada, Isabel Ramos, Sabela Cagiao e Micaela Barbeiro e nas instalacións de Nova asinarán libros Mav Alonso, Clara Ventura, Antonio D´Tenerife e Lucía Otero.

Ferreiro agradeceu a implicación das librarías locais para levar a cabo esta primeira edición de “Literatura na rúa” e tamén a participación das escritoras e escritores, algúns deles de Narón e comarca, que estarán durante a mañá do sábado asinando exemplares dos seus libros. “É unha gran oportunidade para coñecer en primeira persoa aos autores de publicacións de moi diversos xéneros, fomentando a cultura a través da literatura e ofrecendo ás escritoras e escritores un espazo onde poder amosar e vender as súas obras”, apuntou a alcaldesa.

A rexedora local agradeceu tamén o traballo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega “coa que unha vez máis temos a oportunidade de colaborar nesta cidade, agora celebrando a primeira edición deste evento literario que esperamos e confiamos en que sexa a primeira de moitas máis nos vindeiros».

Lea también

Fangoria, Bombai y Yoly Saa abrirán las fiestas de verano de Ferrol con un gran concierto en la Praza de Armas

Las fiestas de verano de Ferrol 2026 arrancarán el próximo 21 de agosto con un …