O Concello de Moeche organiza a exposición “Imaxes doutro tempo”

Con  motivo do Día Internacional da Muller Rural o Concello de Moeche organiza a exposición “Imaxes doutro tempo”, composta por fotografías achegadas pola veciñanza. 

A mostra inaugurarase o día da Feira da Faba, 14 de outubro, na Nave do Mercado, a vespera do 15 de outubro, declarado pola UNESCO como Día Internacional da Muller Rural, que reivindica este ano o papel das mulleres como sustentadoras da produción alimentaria. Participa coas túas fotos antigas na exposición “Imaxes doutro tempo” para formar parte desta  lembranza da vida da muller rural.

Esta exposición será un espazo compartido para o que fai falla a máxima colaboración. Por iso, todas aquelas persoas que teñades fotos antigas nas que aparezan mulleres da vosa familia, veciñas, amigas, en calquera situación da vida, traballando, de festa, descansando, soas ou acompañadas, é indiferente, podedes entregalas na Casa do Concello antes do 6 de outubro. As fotos deberán de ir nun sobre co nome completo e teléfono de contacto da persoa que empresta a imaxe. Tamén fai falla meter no sobre un breve texto de quen sae na foto, onde se fixo, e que estaban a facer.

O Concello fará copias para expoñer, mentres que as imaxes orixinais poderán recollerse nas oficinas municipais a partir do 16 de outubro. No caso de que xa teñas as fotos dixitalizadas, podes facérnolas chegar cos mesmos datos nome, protagonistas, etc. a pilar.pazo@moeche.gal.

Na Feira da Faba, o sábado 14 de outubro, celebrarase un acto de inauguracion da exposición ás 13.15 horas e a mostra continuará exposta para visitar os seguintes sábados do mes de outubro no horario do Mercado.

Lea también

Valdoviño acoge el documental “Emoción, vida e teatro. A nave das Marías”

El Ciclo Mestro Mateo continúa esta semana en Valdoviño con la proyección del documental «Emoción, …