BNG de Narón felicita á comunidade educativa polo funcionamento do transporte público á escola de Sedes

O BNG de Narón presentou unha moción, á que se uniron todos os grupos da oposición de Narón, para que fose recuperado o convenio de taxis que se usaban como transporte público á escola rural de Sedes.

A decisión unilateral do concello a tres días do inicio do curso colleu por sorpresa á comunidade educativa, aos taxis que prestaban o servizo e a veciñanza da parroquia.

Co cambio de decisión e a recuperación do servizo para este curso “só podemos parabenizar ás persoas usuarias. O CRA de Narón é único e ten outras demandas que satisfacer tamén coa Xunta, como que no Val dean todo o ciclo de primaria. Desde o BNG sempre defenderemos un ensino público de calidade” declara Olaia Ledo, voceira do BNG de Narón.

Isto fixo que en comisión fose reformulado o acordo inicial da moción e, onde se reclamaba que se recuperase o servizo no curso 2022/2023 foi modificado por “manter o servizo de taxis como transporte que propicia a conciliación na escola rural de Sedes sempre e mentras a escola estea aberta cada curso”

“A política municipal ten que valer para manter servizos públicos, consideramos moi positivo que se dera marcha atrás no recorte dun dereito dos nenos e nenas a ter un transporte á súa escola de referencia. As escolas no rural cumpren unha dobre función: dar servizos á veciñanza e permiten ás crianzas manter o vínculo coa súa contorna” declara Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón.

Lea también

Seis deportistas del Club Arco Narón consiguen clasificarse para el Cto de España indoor

Esta semana se desplazan hasta Valladolid 6 jóvenes deportistas de la Escuela Deportiva Municipal de …