O BNG de Ferrol presenta 36 enmendas aos orzamentos 2023

Iván Rivas, portavoz do BNG do Concello de Ferrol, deu conta das emendas ao documento de orzamentos municipais do goberno do PP para o ano 2023, un documento que recolle 36 enmendas que teñen como obxectivo reorientar a política económica da cidade facéndoa máis equitativa e xusta coa veciñanza de Ferrol.

Iván Rivas, sinalou que «as 36 emendas rexistradas polo BNG ao documento orzamentario arguméntanse en tres eixos fundamentais»:

1. «Fortalecer a administración local coa incorporación de persoal ao plantel municipal no canto de contratar asesores e persoal directivo ao servizo do Alcalde e reducindo o gasto en privatizacións.

O BNG neste apartado presenta propostas para incluir a contratación de 24 novos postos de traballo para a administración e a supresión dos postos de Persoal Directivo en aplicación lei de Grandes cidades, así como o reforzo dos servizos básicos municipais»

2. «Resolver os problemas de infraestruturas deportivas, culturais e de servizos da cidade máis urxentes aproveitando que actualmente as regras fiscais de limitación de gasto están en suspenso para así rematar coa política de austeridade que tantos prexuízos está a provocar na cidade mediante o desenvolvemento destes investimentos.

Así pois entre outras o BNG propón incluir fondos para o estudo e posta en valor dos restos arqueolóxicos de San Francisco, a rehabilitación do Mercado de Recimil, A rehabilitación da casa e Carvalho Calero, A reforma das instalacións deportivas de Fimo, un campo de rugby ou a necesidade de dotar à cidade dunha nova lámina de auga para a prática da natación»

3. «Desenvolver unha política fiscal na que rematemos cos privilexios de empresas privadas ou entidades públicas como A. Portuaria ou Ministerio de Defensa que non contribúen a economía municipal e así rebaixar a carga tributaria sobre os veciños e veciñas da cidade tendo en conta aos colectivos máis desfavorecido.

Así nestas enmendas propónse esixir que as administración cumpran coas súas obrigas tributarias coa cidade, que a empresas concesionarias ingresen nas arcas municipais o que deben sen execepción e reducir os ingresos previstos por multas de tráfico que neste documento alcanzan os 2 millóns de euros de previsón»

Lea también

La Guardia Civil de Ferrol festejó a su patrona la Virgen del Pilar

A las doce de la mañana de este sábado, día 12, el párroco- moderador de …