O BNG pide por rexistro o cumprimento da ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello de Ferrol

Iván Rivas presentando as sinaturas solicitando o cumprimento da normativa

O BNG de Ferrol presentou este luns un escrito sumando firmas para esixir ao goberno municipal o cumprimento da ordenanza municipal de normalización lingüística no Concello de Ferrol.

O voceiro municipal, Iván Rivas, manifestaba que o deterioro da base demográfica que usa o galego “é evidente”, criticando que o PP “non quere garantir o uso normal desde fai dez anos, con consecuencias fatais”, sendo hoxe “imposible facer unha vida plena ás 24 horas en galego.

A nivel do Concello de Ferrol “hai abandono e despreocupación”, recordando que a ordenanza municipal de normalización lingüística está aprobada dende 1997 por unanimidade “e 25 anos despois incúmprese”, polo que lle solicitan ao alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela e a todos os cargos públicos municipáis o cumprimento de manifestarse en galego nos actos e plenos municipais.

Iván Rivas quería poñer como exemplo o acto realizado recentemente co nomeamento de alcalde honorario da cidade ao alcalde da localidade lusa de Vila do Conde “onde o rexedor dirixiuse ao público do Teatro Jofre en castelán.

Nesa liña tamén facía referencia ao cumprimento da ordenanza en empresas adxudicatarias e concesionarias que actúan por conta do Concello de Ferrol ou as mixtas, como pode ser Emafesa “que utiliza o castelán como idioma que achega ás persoas usuarias.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …